rpo
APRENDER E
ENSINAR DANZA
Terceiro debate online
con Anuska Alonso
e Raquel González
Hai tantos camiños na ensinanza no e aprendizaxe da danza como corpos que danzan. A danza require dunha dedicación continua ao longo da vida pero na que son relevantes, tamén, escoller os momentos e lugares concretos: espazos de concentración como as escolas e os conservatorios, referentes, maestras, compañeiras... Todas estas son partes fundamentais para a construcción dese camiño propio que levará a cada corpo a vivir desde, con e da danza. Un camiño que, ademais, se enriquece no cruzamento con outros tantos camiños a través de colaboracións e do coñecemento de artistas e obras. É dicir, a través do exercicio da profesión en comunidade e en diálogo coa sociedade.
Hai idade para iniciarse na formación da danza profesional? Ata onde sigue? Como se conectan os conservatorios profesionais e superiores co mundo da profesión en si mesma? E como convive esa experiencia coa formación non oficial? Como se transmite o aprendido? Que espazos hai para a investigación e a innovación?
Datas e horario
12 de setembro de 2020
ás 18 horas
Lugar
Evento online a través do
Facebook e do Youtube
de @escenaplural
Neste debate, falaremos das posibilidades de formación na danza contemporánea en Galicia e da súa evolución nos últimos anos, comparando con experiencias doutros territorios. Tamén, reflexionaremos sobre as razóns e motivacións que levan ás persoas máis novas a iniciarse na formación profesional e logo a continuar (ou non) na formación superior. E das segundas oportunidades. Debatiremos, por último, arredor da cuestión de se é necesario ter un conservatorio superior en Galicia. Para esta charla, contaremos con Raquel González, bailarina e vicedirectora do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, e con Anuska Alonso, bailarina de orixe galega afinacada en Madrid e profesora do Conservatorio Superior de Danza María de Ávila de Madrid.