top of page

QUE É

‘Cara a unha escena plural’ é un proxecto que impulsa a circulación da danza e artes vivas de carácter profesional no noso territorio. Ten por obxectivo principal procurar unha presenza estable e regular destas expresións nos espazos escénicos galegos, ao tempo que favorecer a circulación dos traballos artísticos feitos en Galicia, e promover a difusión e sensibilización dos públicos cara aos mesmos.

 

‘Cara a unha escena plural’ funciona a través do deseño de programas específicos para cada localidade colaboradora, compostos por funcións escénicas e actividades paralelas acompañadas dun traballo de mediación, pensados para facilitar a creación de públicos. Ademais, ‘Cara a unha escena plural’ promove outras accións transversais de investigación, escrita, encontros, rexistro e arquivo arredor das profesionais da danza e as artes vivas en Galicia, tanto de modo presencial como online.

OBXECTIVOS

Incrementar a visibilidade das compañías de danza e artes vivas de Galicia.

Favorecer a normalización da programación de danza e artes vivas nos espazos escénicos galegos.

Aumentar a circulación das pezas de danza e artes vivas das compañías galegas.

Reforzar as estratexias de programación dos espazos, achegando coñecemento específico sobre danza e artes vivas contemporáneas.

Crear unha rede de colaboración entre distintos teatros que reforce a súa aposta coa danza e as artes vivas.

Achegar a creación contemporánea de danza e artes vivas feita en Galicia ao público.  

bottom of page