rpo
A COMUNIDADE CREADORA
CREANDO CONTEXTOS
Primeiro debate online
con Cris Vilariño
e Paula Quintas
A comunidade creadora da danza e as artes vivas en Galicia leva anos destacando pola súa capacidade de dinamizar contextos culturais. Non son poucas as compañías, colectivos artísticos e profesionais (coreógrafas, bailarinas, investigadoras…) que deciden poñer en marcha proxectos culturais como festivais, residencias, ou ciclos de programación, entre outras iniciativas, que se estenden polo noso territorio. Asumindo a conciliación da súa práctica artística con este outro traballo de xestión e mediación. Cales son os motivos que levan a artistas e creadoras a asumir estas tarefas? Que dificultades atopan? Que aprendemos –a nivel persoal e colectivo– destas experiencias e cara onde podemos avanzar?
Datas e horario
27 de xullo de 2020
ás 18 horas
Lugar
Evento online a través do
FB de @escenaplural
Neste encontro online, debatiremos sobre estas e outras cuestións con dúas creadoras galegas que son, ao mesmo tempo, responsables e colaboradoras de múltiples proxectos culturais e movementos colectivos: Cris Vilariño (creadora, coordinadora do programa LED-Lugo en Movemento, e membro da asociación 3monos, entidade responsable do festival Cartografías) e Paula Quintas (creadora, docente, codirectora do festival Corpo(a)Terra de Ourense e membro do colectivo Traspediante, ademais vogal de danza na asociación Escena Galega). O debate contará coa mediación de Caterina Varela e Sabela Mendoza, coordinadoras de “Cara a unha escena plural”.