rpo
PRÁCTICA DE MOVEMENTO CON MARTA ALONSO
Achegamento á peza Bailar agora
O taller estrutúrase en torno ao movemento e a palabra: Imos bailar, imos falar sobre danza.
Adestraremos, suaremos e achegarémonos a algúns dos movementos da peza Bailar Agora como o movemento fragmentado e articular (como exercicio de concentración), a práctica de bailar sen ritmo (na procura do humor no movemento) ou o exercicio de copiar e deixarnos ser copiadas.
Falaremos sobre como bailamos, como queremos bailar ou como temos bailado. Quizais, nos achegamos así ao principio dunha narración propia atopando que lugar ocupa a danza nela. Ou quizá bailamos, compartindo referentes, coñecendo novas formas de bailar ou lembrando algo que nos gustaba que xa non recordabamos.
Esta actividade de mediación acompaña a función do espectáculo ‘Bailar Agora’ de Marta Alonso que terá lugar no Auditorio Gabriel García Márquez, o sábado 13 de novembro ás 20:30h.
Datas e horario
xoves 11 de novembro de 2021
de 19 a 21 h
Lugar
Centro Municipal de Artes Escénicas de Oleiros
Dirixido a
alumnado do CEMAE
Bailarina, actriz, creadora, directora artística, xestora cultural e docente. Traballa no sector artístico desde o 2008, ano no que funda trasPediante. Desde o 2010 crea e codirixe o Festival de danza e artes do corpo, corpo(a)terra. A súa traxectoria como creadora e intérprete de Marta é multidisciplinar e hiperactiva, trazando desde o inicio unha ida e unha volta constante cara á danza e ao movemento que no percurso se achega ao teatro físico e ao circo. A danza, o humor, a interación co público e a cercanía xeran nas súas creacións unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se comparte na escena.
*Taller organizado en colaboración co CMAE de Oleiros para o seu alumnado, de idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos.