top of page

rpo

OBRADOIRO CON

JOAO FIADEIRO

COMPOSICIÓN

EN TEMPO REAL

A Composición en Tempo Real é unha ferramenta teórico-práctica que estuda, problematiza e sistematiza a experiencia de improvisación e composición en arte, utilizando o campo proporcionado pola danza contemporánea como territorio privilexiado de investigación e aplicación.

 

O impulso principal da Composición en Tempo Real vén da necesidade que João Fiadeiro sentiu nos inicios da súa carreira de crear un sistema de principios e valores para ser utilizado cos seus colaboradores no proceso de coreografiar. Unha ferramenta que podería evitarlle ao grupo caer na trampa das convencións xerárquicas entre autor e intérprete, á vez que acepta o protocolo de que non é un traballo colectivo. Máis tarde afirmouse como ferramenta para explorar modalidades de escritura dramatúrxica dentro do campo de danza, e foi estudado, desenvolvido e utilizado por varios artistas e investigadores. Desde os últimos anos foi asentándose no territorio da procura e a investigación en termos xerais, ensanchando así a súa gama de intereses, situándose como punto de converxencia entre as artes, as ciencias e a vida cotia – e entre as cuestións éticas, estéticas e políticas que se manifestan a través delas.

A práctica de Composición en Tempo Real ofrece un conxunto de conceptos-ferramentas deseñado para aprazar a resposta, prolongar a ruptura (da incógnita) e habilitar unha formulación axeitada e precisa das cuestións portamos como artistas.

Datas, horario e lugar

8, 9 e 10 de marzo de 2021

de 9 a 14 h no Centro Ágora

Inscricións

www.aculturaeundereito.gal

Asistencia gratuita, previa inscrición. Aforo limitado ás restricións de capacidade vixentes para o espazo na data de celebración.

A Composición en Tempo Real practica unha habilidade contra-intuitiva: a habilidade de ollar para nós ollando para (nós ollando para) as cousas. Isto faise activando a célebre resposta de Bartleby: “Preferiría non facelo…” (“I would prefer not to…” ). Un atributo que mantén, segundo Giorgio Agamben (Bartleby, or On Contingency in Potentialities: SUP, California,1999), “a posibilidade suspendida entre o ocontecer e o non acontecer, entre a capacidade de ser e a capacidade de non ser.” Esta habilidade estimula e activa unha sensibilidade delicada cara os detalles e as actividades periféricas que pasarían desapercibidas se ficamos “cegos” pola expectativa do que esperamos ver. 

 

A condición para o éxito desta práctica está directamente conectado coa habilidade que temos de inhibir as (re)accións habituais. A razón é sinxela: sendo o "tempo" o activo máis valioso que posuímos, cando nos enfrentamos ao descoñecido, actuamos reflexivamente en base a hábitos, sen ter en conta a situación senón só as nosas necesidades persoais e puntos de vista, polo que este tempo (distendido, suspendido, aumentado) deixa de existir. E sen este tempo (real), non hai duración. E sen duración non hai relación, o ingrediente máis importante nun proceso colaborativo.

Este obradoiro forma parte das Xornadas de danza en artes vivas: a cultura (plural) é un dereito, organizadas pola Deputación da Coruña e comisariadas por Sabela Mendoza e Caterina Varela.

JOAO FIADEIRO

João Fiadeiro (1965) é un performer portugués, coreógrafo, investigador, profesor e curator. Pertence á xeración de artistas que xurdiron no finais dos anos 80 en Portugal e que virían conformar o movemento da Nova Dança Portuguesa. É o director artístico de ATELIER REAL, unha estrutura que xoga un rol importante no desenvolvemento da danza contemporánea e de iniciativas trans-disciplinares en Portugal.

João Fiadeiro ten xirado ampliamente por Europa e América do Norte e do Sur cos seus traballos en solitario e colectivos. Nos anos 90 João Fiadeiro formouse e practicou intensivamente en Contact-Improvisation, a partir do cual deu forma e sistematizou a súa propia pesquisa en  improvisación, baixo o nome de Composición en Tempo Real. Esta investigación tenlle levado a coordinar obradoiros en Mestrados, Doutoramentos e numerosos programas en varias escolas e universidades por todo o mundo.

©Arini Bianchi_João Fiadeiro teaching I
bottom of page