top of page

rpo

PENSAR EN MOVEMENTO

Un obradoiro teórico práctico de achegamento ás artes do movemento

Este obradoiro propón unha aproximación á danza e o movemento dende a teoría e a práctica.

 

Durante dúas xornadas, introduciremos algúns dos conceptos básicos da danza contemporánea (tanto en relación á súa evolución como á súa linguaxe), aprendendo e exercitando ferramentas para a percepción corporal propia, e tamén para ampliar a mirada como público.
 

As sesións combinarán exercicios sinxelos de coreográficos e de movemento, con dinámicas de lectura e debate arredor de textos e materiais audiovisuais, sempre

arredor da creación contemporánea.

 

Daranse a coñecer algunhas das figuras actuais máis destacadas da creación coreográfica galega.

 

O obradoiro está dirixido a persoas interesadas no mundo escénico, sen necesidade de coñecementos previos, que queiran achegarse ou ampliar a súa experiencia en relación co movemento e os procesos creativos.

Contexto

Mostra de Teatro Galego

de Cariño

Datas e horario

4 e 5 de agosto de 2021

de 10 a 14 horas

Coordinan e imparten

Sabela Mendoza e

Caterina Varela

Inscricións

Inscricións abertas ata

o 30 de xullo, no correo

cultura@concellodecarino.gal

bottom of page