rpo
TRABALLANDO A DÚO
CREADORAS DE DANZA
Cuarto debate online
con Cia Exire
e Cia Elahood
Catro coreógrafas e bailarinas que viven e traballan en Galicia, nos contan a súa experiencia creadora a raiz dalgunhas das súas últimas pezas: ‘Médula’, unha proposta de danza contemporánea da cía. Exire (coproducida por Artestudio e Agadic) con Alba Fernández e Ana Betriz Pérez; e ‘La soledad de Wally’ un espectáculo de danza urbana da cía. Elahood con Julia Laport e Sabela Domínguez. Dous espectáculos que poderemos ver proximamente en dous dos espazos colaboradores de ‘Cara a unha escena plural’: ‘Médula’ no Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros o sábado 26 de setembro e ‘La soledad de Wally’ no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo o domingo 8 de novembro.
Falaremos de como é traballar en dúo, dos temas e persoas de inspiración, da aprendizaxe individual e colectiva, e das distintas fases do percorrido destes espectáculos: dende a idea, a creación, a produción, ata a estrea e a xira.
Datas e horario
24 de setembro de 2020
ás 13 horas
Lugar
Evento online a través do
Facebook e do Youtube
de @escenaplural
Elahood é unha compañía de danza urbana fundada en xaneiro de 2017 por Sabela Domínguez e Julia Laport. Nace co obxectivo de desenvolver a súa visión artística e axudar a promover a danza urbana en Galicia e a súa profesionalización. La soledad de Wally é unha produción de danza urbana, que consta de catro pezas individuais unidas por unha temática común, pero exploradas desde diferentes puntos de vista. O sorriso dunha extraña, compartir unha lasaña de espinacas, espertarse cun berro de bós días, unha aperta. Cando as relacións sociais son indispensables para as persoas e a ausencia delas ten consecuencias tan negativas, por que é tan dificíl admitir que nos sentimos sós?
--
Exire é unha compañía de danza urbana e contemporánea que reside na Coruña. Ten máis de 10 anos de experiencia en Artes Escénicas, xirando por toda a xeografía galega dende o 2006. Está formada polas creadoras Estefanía Gómez e Alba Fernández. O espectáculo Médula, estreado recentemente, foi creado por Alba Fernández en colaboración con Ana Beatriz Pérez. O espectáculo fala de “volver a nós, de sentirnos como almas ceibas destinadas a transmitir historias, viaxes de ida a movernos entre susurros, mais sen medo de nos enfrentar co que non queremos. Seguimos os nosos instintos, ouveamos para recoñecernos e uliscamos a mesma pegada para seguir o camiño deseñado. Somos elas e elas son nós”.